Ponte en Galego chega ao programa número 50!

Escoita a edición número 50 de Ponte en Galego, que este ano fan os alumnos e alumnas de primeiro de ESO Uxía Allegue, Antón Carballeira, Mario Fraga, Paula Gutiérrez Curbeira, Brais Iglesias, Carla Leira, Claudia Rivera, Abril Varela Fachal e Xoán Varela Veiga.

Tamén contamos coa colaboración de rapaces e rapazas doutros cursos que envían os seus podcasts.

Tíralle da Lingua 2017

Outro ano máis os alumnos e alumnas do IES Breamo participamos na fase final do Tíralle da Lingua, ese certame de narración oral que organiza anualmente a AS-PG. Este ano os perticipantes, que actuaron diante dun numeroso público no Teatro Principal de Santiago, foron Xabier Calvo (2º Bac.) e Nuria Fernández (3º ESO), xunto con Daniel Arias, Mario Fraga, Diego García Legarra e David Gutiérrez Curbeira, todos eles de 1º curso de ESO.

Aínda que non houbo sorte cos premios, todas e todos eles estiveron moi brillantes na súa actuación. Parabéns aos gañadores!

Concurso de Microrrelatos 2017

8º Concurso de Microrrelatos. Estas son as bases. Participa!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Breamo convoca o sétimo certame de microrrelatos dirixido á comunidade educativa do IES Breamo, de acordo coas bases que a continuación se especifican.

FORMATO: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 600 caracteres, (aproximadamente 8 liñas), sen contar o título e o pseudónimo da persoa participante. O formato do texto será: Times New Roman, tamaño 12, xustificado a dobre espazo. O microrrelato estará precedido por un título en negriña e asinado por pseudónimo en cursiva (o mesmo pseudónimo para todas as obras enviadas pola mesma persoa) e a categoría á que pertence.

TEMA: A temática será libre.

CATEGORÍAS: Establécense tres categorías: Categoría A: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO. Categoría B: alumnado de 4º de ESO e Bacharelato. Categoría C: profesorado, persoal non docente, pais e nais de alumnos-as do centro.

PROCEDEMENTO: A persoa participante no concurso deberá entregar na Secretaría do instituto un sobre grande anónimo que conteña no seu interior o microrrelato (ou microrrelatos) que presente a concurso, sen que conste o nome, pero si o título, o pseudónimo e a categoría, e un sobre pequeno ou plica, pechado, no que deberá escribir por fóra: 8º Concurso de microrrelatos do IES Breamo, o pseudónimo empregado e a categoría á que se presenta, e dentro incluír os seus datos persoais: o nome e apelidos, curso e, se se presenta á categoría C fará constar tamén o documento de identidade, un número de teléfono e, se é pai ou nai dun alumno ou alumna do centro, indicará tamén o nome do seu fillo ou filla.

PRAZO: As obras poderán ser presentadas na Secretaría do IES Breamo até o venres 26 de maio. Os microrrelatos gañadores daranse a coñecer no blog do EDLG As Gabarras, na web do IES Breamo na semana das Letras Galegas e no programa de radio Ponte en Galego! despois do fallo do xurado.

XURADO: O xurado estará composto por dous representantes do profesorado, dous representantes do alumnado pertencentes ao EDLG e un representante do persoal non docente.

PREMIOS: Haberá un premio en cada categoría. No caso de que algunha das categorías non acade premio por falta de calidade dos traballos presentados, poderá adxudicarse un segundo premio a outra categoría. O acto de entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do IES Breamo o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado. Os traballos premiados en todas as categorías, poderán ser expostos nas páxinas web e blogues do centro.

 

Aprendemos a facer podcasts con Damián Alonso

O actor e experto en dobraxe Damián Alonso ensinounos como facer un podcast con expresividade e clareza. Foi unha mañá enteira de traballo xunto con alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro de ESO, que agora andan a compor os seus podcasts co Audacity, para participaren no programa de radio Ponte en Galego! e no I Concurso de Podcasts IES Breamo que está en marcha.

Grazas, Damián!

Gañadoras do concurso de microrrelatos

WP_20160622_007

Nuria, Carolina e Iker

Carolina Rivera, Nuria Fernández e Iker Barbeito, todos eles alumnos de segundo de ESO A, obtiveron o primeiro, segundo e terceiro premio no Concurso de Microrrelatos 2016 do IES Breamo.

Carolina, a vencedora, sorpréndenos co seu relato Refuxio, un alegato en favor das persoas migrantes e refuxiadas. Nuria, segunda clasificada, reflexiona en A ventá das almas sobre a bondade e positividade humanas e Iker saca á luz o drama do acoso escolar e o suicidio no seu relato O Nadal. Parabéns para eles e… a seguir escribindo!

Con Guillermo Aneiros, ao rescate de persoas refuxiadas e inmigrantres

 

Tremenda experiencia a de Guillermo Aneiros, mariñeiro eumés que traballou durante anos no rescate de persoas en augas das Canarias e o Mediterráneo. Con el 13498140_600068816829282_2333741375142628343_ocompartimos unha aleccionadora sesión na que nos relatou a experiencia humana que supoñen as operacións vividas en alta mar con persoas migrantes e refuxiadas. Guillermo, solidario e emotivo na súa narración, terá a súa entrevista no próximo Ponte en Galego. Estamos cos que sofren a inxustiza e a desigualdade!13482989_600068756829288_2180642247154719157_o13458671_600068970162600_6658460969975284100_o13523000_600068893495941_1848822859825557517_o

Co regueifeiro Josinho da Teixeira

Josinho 1

Unha boa sesión de regueifa foi o que levaron o pasado martes 24 de maio as alumnas e alumnos de primeiro e terceiro de ESO do IES Breamo. Josinho da Teixeira introduciunos nesta arte popular que terá asegurada a súa pervivencia a través das novas xeracións. Marcos Fraga entrevistouno para Ponte en Galego!

Josinho 2