Todos os podcasts do 1º Concurso

Estes son os podcasts que, se seren galardoados, foron presentados ao 1º Concurso IES Breamo. Bo traballo, rapazas e rapaces!

CATEGORÍA A (1º E 2º DE ESO)

Medo

 

É unha porca!

 

Nada vai ser igual

 

O libro máxico

 

Reflicto a luz solar

 

O misterio de Pepe

 

Os recordos

 

Gustáballe falar consigo mesma

 

A despedida

 

Vacío

 

Por que tivo que ser el?

 

Teño ás

 

Pensei que nunca podería

 

Bullying 1

 

Bullying 2

 

Un pesadelo real

 

A pequena grande heroína

 

Acoso escolar

 

As formigas

 

Os desexos

 

Ximena

 

Encontreino

 

CATEGORÍA C (1º e 2º de Bac.)

Coñecementos musicais

 

‘Un namorado’, relato de Carlos Casares

 

Discurso de Bryan Dyson

I Concurso de Podcasts IES Breamo: traballos galardoados

Estas son as alumnas e o alumno premiados no I Concurso de Podcasts IES Breamo. Na foto aparecen, na parte de cima, Lucía Fariña (2º ESO, Premio do Público) xunto con Claudia Rivera, Paula Gutiérrez Curbeira e Uxía Allegue, presentadoras do acto de entrega de premios. Abaixo están Alba Varela (1º Bac, 2º Premio da categoría C), Lucía Varela (1º Bac, 1º Premio na categoría C), Vítor Castelos (2º ESO, 1º Premio da categoría A) e Carolina Paniagua (2º ESO, 2º Premio na categoría A).

Estes son os podcasts gañadores:

CATEGORÍA A (1º e 2º de ESO)

Primeiro premio: ‘Rutina’ por Vítor Castelos (2º ESO B)

Traballo tamén premiado no Concurso de Microrrelatos. O xurado valora o seu contido, que reflicte a rutina do estudante de instituto, e a súa elegante elaboración técnica.

 

Segundo premio: ‘Teño que facer un conto’, por Carolina Paniagua (2º ESO A)

O seu axeitado efecto de voz resultou atraínte para os avaliadores.

 

Premio do público: ‘Diferente’, por Lucía Fariña (2º ESO A)

Elixido por votación popular entre o alumnado de 2º de ESO B, nunha actividade de avaliación colectiva na aula de Investigación e Tratamento da Información.

 

CATEGORÍA C (1º e 2º de Bacharelato)

Ambos os relatos foron valorados pola súa oportunidade no ano dedicado a Carlos Casares, a súa lectura expresiva e os seus axeitados efectos sonoros.

Primeiro Premio: ‘Trens, un relato de Carlos Casares’, por Alba Varela (1º Bacharelato C)

 

Segundo premio: ‘Un sabio e un santo, un relato de Carlos Casares’, por Lucía Varela (1º Bacharelato C)

Parabéns a tod@s!

 

Con Marcos Fraga, gañador de Microrrelatos 17, na aula de Investigación e Tratamento da Información

O día seguinte á súa proclamación como gañador do Concurso de Microrrelatos, Marcos Fraga estivo connosco na aula de ITI e foi entrevistado para o noso programa de radio Ponte en Galego!

Aquí tedes a entrevista. Nesta ocasión foron Uxía Allegue e Antón Carballeira os encargados de conducila. Moitos parabéns a todos eles!

Entrevista Marcos Fraga MIcrorrelatos 17 por RTVBreamo

Marcos Fraga, Vítor Castelos, Sara Ríos e David Arias, gañadores do Concurso de Microrrelatos

O alumno de 2º de ESO Marcos Fraga, co seu microrrelato “Sen dentes”, foi o gañador do VIII Concurso de Microrrelatos IES Breamo, organizado entre maio e xuño de 2017. O segundo premio recaeu en Sara Ríos, de 1º curso de ESO. Vítor Castelos, de 2º de ESO, e David Arias, do primeiro curso, foron os dous terceiros premios.

O microrrelato gañador foi, segundo o seu autor, escrito nun breve espazo de tempo nunha clase e despois de entregar un exame. Fai referencia á frustración que os estudantes senten cando desexan aprender e “non lles queda”. Este é o microrrelato gañador:

Sen dentes

Ando polas clases como un zombie sen dentes, famento de coñecemento pero nin sequera podo morder un bocado de saber. 

Que é o que me curará este calvario?

 

Proximamente iremos publicando o resto de relatos gañadores.

Aquí temos o momento da entrega de premios, protagonizada por Nuria Fernández e Iker Barbeito.


Entrega premios microrrelatos 17 por RTVBreamo

‘A danza de Salomé’, de Oscar Wilde, con Arjé Teatro

Nova e magnífica escenificación de Arjé, o grupo de teatro do IES Breamo de Pontedeume que non nos deixa de sorprender ano tras ano. Nesta primavera a obra é A danza de Salomé, do dramaturgo irlandés Oscar Wilde. Moi ben por Laura, Sergio, Nuria, Isi, Mateo, Dani, Fran, Mario, Antón, Elena e Miguel. Dez horas de ensaio semanais que producen uns extraordinarios resultados!

Aquí podedes escoitar unha reportaxe sonora da representación, coas opinións das actrices e actores e a intervención do codirector, Fernando Querol.

Próxima representación: venres 16 de xuño no IES Breamo. Parabéns todas e todos. E a seguir!

Con Nathalie, Antonia e Rachid, desde Mayotte a Pontedeume

Nathalie, Antonia e Rachid, profesores de ensino secundario na illa de Mayotte, pasaron uns días connosco no IES Breamo para contarnos sobre o lugar onde traballan, esa afastada illa no Océano Indico tan descoñecida para nós. Eles estiveron nas nosas clases e trouxéronnos os sabores, os sons e os arrecendos daquelas terras tropicais, xunto co relato do xeito e as condicións de vida naquel muticultural territorio.

Fixémoslles unha entrevista para a radio. Aquí a tedes:

Seguiremos traballando xuntos!