I Concurso de Podcasts IES Breamo: traballos galardoados

Estas son as alumnas e o alumno premiados no I Concurso de Podcasts IES Breamo. Na foto aparecen, na parte de cima, Lucía Fariña (2º ESO, Premio do Público) xunto con Claudia Rivera, Paula Gutiérrez Curbeira e Uxía Allegue, presentadoras do acto de entrega de premios. Abaixo están Alba Varela (1º Bac, 2º Premio da categoría C), Lucía Varela (1º Bac, 1º Premio na categoría C), Vítor Castelos (2º ESO, 1º Premio da categoría A) e Carolina Paniagua (2º ESO, 2º Premio na categoría A).

Estes son os podcasts gañadores:

CATEGORÍA A (1º e 2º de ESO)

Primeiro premio: ‘Rutina’ por Vítor Castelos (2º ESO B)

Traballo tamén premiado no Concurso de Microrrelatos. O xurado valora o seu contido, que reflicte a rutina do estudante de instituto, e a súa elegante elaboración técnica.

 

Segundo premio: ‘Teño que facer un conto’, por Carolina Paniagua (2º ESO A)

O seu axeitado efecto de voz resultou atraínte para os avaliadores.

 

Premio do público: ‘Diferente’, por Lucía Fariña (2º ESO A)

Elixido por votación popular entre o alumnado de 2º de ESO B, nunha actividade de avaliación colectiva na aula de Investigación e Tratamento da Información.

 

CATEGORÍA C (1º e 2º de Bacharelato)

Ambos os relatos foron valorados pola súa oportunidade no ano dedicado a Carlos Casares, a súa lectura expresiva e os seus axeitados efectos sonoros.

Primeiro Premio: ‘Trens, un relato de Carlos Casares’, por Alba Varela (1º Bacharelato C)

 

Segundo premio: ‘Un sabio e un santo, un relato de Carlos Casares’, por Lucía Varela (1º Bacharelato C)

Parabéns a tod@s!