Marcos Fraga, Vítor Castelos, Sara Ríos e David Arias, gañadores do Concurso de Microrrelatos

O alumno de 2º de ESO Marcos Fraga, co seu microrrelato “Sen dentes”, foi o gañador do VIII Concurso de Microrrelatos IES Breamo, organizado entre maio e xuño de 2017. O segundo premio recaeu en Sara Ríos, de 1º curso de ESO. Vítor Castelos, de 2º de ESO, e David Arias, do primeiro curso, foron os dous terceiros premios.

O microrrelato gañador foi, segundo o seu autor, escrito nun breve espazo de tempo nunha clase e despois de entregar un exame. Fai referencia á frustración que os estudantes senten cando desexan aprender e “non lles queda”. Este é o microrrelato gañador:

Sen dentes

Ando polas clases como un zombie sen dentes, famento de coñecemento pero nin sequera podo morder un bocado de saber. 

Que é o que me curará este calvario?

 

Proximamente iremos publicando o resto de relatos gañadores.

Aquí temos o momento da entrega de premios, protagonizada por Nuria Fernández e Iker Barbeito.


Entrega premios microrrelatos 17 por RTVBreamo