XOGOS NA REDE

A PÁXINA DE BULI. A PÁXINA DOS XOGOS ENIGMÍSTICOS
Anagramas, cadeados, calembures, charadas, enigmas puros…, están agardando ser resoltos neste blog creado para fomentar a actividade enigmística en galego.
http://www.blogoteca.com/buli

CATAPALABRAS
Xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
http://www.as-pg.com/catapalabras

LETRAD@S.GZ
Versión on-line en galego do scrabble realizada pola AS-PG, coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüistica. É un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas sobre un taboleiro. Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) e tamén dun xogador contra o computador.
http://www.as-pg.com/letradas.gz

MEGA XOGOS
O portal en galego de xogos gratuítos na rede. Xogos de aventuras, deportes, condución, maquillaxe, memoria… Se queres vestir a Hannah Montana, conducir con toda precisión ou cazar moitos monstros, aquí podes.
http://www.megaxogos.com

MEMORIA PIXELADA
A mellor web en galego sobre videoxogos.
http://memoriapixelada.com

O AFORCADO DE SAN XOÁN
O clásico xogo do aforcado. Só hai que adiviñar a palabra agochada en cinco oportunidades, antes de que o lume queime o Meco.
http://www.edu.xunta.es/contidos/xogos/aforcado/aforcado.html

O MISTERIO DAS 7 PEZAS
Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspensa no aire. Ti tes que resolver o misterio. Atréveste? Entra nesta páxina e descarga o xogo.
http://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm

O PREGUNTOIRO
Aprende o idioma e a cultura galega respondendo ás preguntas do xogo. Bioloxía, Lingua, Literatura, Adiviñas, Enografia, Refráns, Xeografía, Historia e Arte…
http://www.edu.xunta.es/preguntoiro

O XOGO DA CURUXA
Baseado no xogo da oca, o que o distingue do xogo clásico, é que neste, cando alguén cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo, etc.
http://www.as-pg.com/curuxa

TRIVIAL.GZ
Este trivial feito pola AS-PG ten máis de 6000 preguntas e máis de 4000 usuari@s rexistrados. Rexístrate e participa nos próximos campionatos.
http://www.as-pg.com/trivial.gz

TRIVIALINGUA
Nesta páxina podes xogar a un trivial de cen preguntas.
http://mais.vieiros.com/ciberlingua/trivialingua.php

XOGA CON NÓS. XOGOS EN REDE
Xogos do máis clásico, como o aforcado, os quebracabezas, o preguntoiro…
http://www.edu.xunta.es/xogos/