Con Eva Veiga e a lembranza viva de Miguel Hernández

O pasado decembro a nosa amiga e poeta Eva Veiga visitounos no noso Instituto para presentarnos xunto co grupo Ouriol un inesquecible espectáculo de música e poesía sobre a obra do poeta Miguel Hernández (1910 – 1942). Uns días despois no noso estudio de Ponte en Galego fixémoslle esta entrevista, á que lle dedicamos monográficamente e edición número 54 de Ponte en Galego. Desi Carpente e Diego García foron os entrevistadores.

Lembrámoste con agarimo, Eva. Volve sempre!

Entre o río e o mar: curtametraxe feita por alumnas e alumnos de 3º de ESO

O día 21 de decembro nos Cines Duplex de Ferrol, presentáronse os traballos audiovisuais realizados polos alumnos de 3º e 4º ESO do CPI A Xunqueira de FeneCPI As Mirandas de Ares e o noso IES Breamo de Pontedeume. Estes tres centros foron seleccionados polos seus proxectos, para producir tres curtametraxes realizadas polo alumnado.
Estas curtametraxes tiveron como fin a posta en valor dos oficios tradicionais e as paixases mariñeiras do Golfo Ártabro Norte, a traves do programa Vidas Mariñeiras coordinado polo grupo de acción local doGolfo Ártabro Norte.
O traballo presentado polos sete alumnos de 3º ESO do noso centro foi “Entre o río e o mar” e como eles mesmos indicaron na súa presentación, todo, as imaxes, as tomas, a narración, as ideas ata a música foi creado por eles mesmos coa axuda na súa montaxe do cineasta de Numax Marcos Flórez.

De viaxe a Islandia co Erasmus+

 

Alumnas e alumnos de 2º de ESO participaron na primeira semana de novembro nunha viaxe a Reikiavik organizada dentro do proxecto Erasmus+ WOW (Word Over Walls – The Value of Experience), que coordina o noso Instituto. O proxecto, no que á parte do colexio islandés Vogaskóli e o IES Breamo participan dúas institucións educativas de Juuka, Finlandia, ten como obxecto o estudo do fenómeno migratorio a través do testemuño dos seus protagonistas, persoas maiores que no seu tempo coñeceron a emigración en primeira persoa.